EGS Logo

Cargando...

EGS Logo
Finalistas do Programade Innovación Bankinter

Revolucionando a
Xestión da Auga

Dende Galicia, transformamos a xestión da auga a través de IA e automatización de procesos para crear un futuro máis sostible.

A crise global da auga

Datos alarmantes que demostran a urxencia de actuar agora

5 %

da auga da Terra é apta para o consumo humano.

0 M

de persoas poderían carecer de auga potable para 2050.

0 L

gasta unha persoa ao día. Reducindo a 50 L, romperíase o círculo de pobreza.

Dúas tendencias agravan a crise hídrica

Crecemento poboacional

A poboación mundial acadará os 9.700 millóns de persoas para 2050. O aumento da poboación leva a unha maior demanda de auga potable. Segundo a ONU, 1.800 millóns de persoas vivirán en zonas con falta de auga potable.

Cambio climático

O aumento de temperaturas e a alteración de patróns de chuvia reducen drasticamente a dispoñibilidade de auga doce. Segundo a OMS, un 20 % da poboación mundial carece de acceso regular a auga potable e saneamento, provocando a proliferación de enfermidades.

En Galicia

19º

Comunidade que máis auga perde por fugas na súa rede, segundo S&P Global Ratings.

0 M

de litros diarios son recuperables con reparación de fugas.

0 %

de concellos prevén as fugas a pesar do risco de seca.

Galicia e Asturias son as comunidades con maiores fugas de auga nas súas redes. Murcia, Andalucía e Baleares enfrontan o maior estrés hídrico.

Ofrecemos un sistema integral para a
Xestión da Auga

Mockup EGS

Co obxectivo de controlar e reducir o consumo de auga non rexistrado, mediante a detección de fugas e patrons de consumo, o sistema deseñado para concellos e institucións permite:

Obter un mapa priorizado de puntos de actuación, mediante predicións e alertas dixitalizadas.

Calcular sobrecustos estimados das perdas.

Reportar lecturas de contadores e incidencias dos cidadáns.

Pasos da solución

01

IA predictiva

Algoritmos capaces de anticiparse aos problemas, predicindo e alertando antes de que ocorran para optimizar o mantemento dos sistemas hídricos.

02

Análise avanzada

Dashboards en tempo real que analizan patróns de consumo, predín a demanda de recursos e estiman custos asociados de forma detallada.

03

Xestión completa

Proposta de solucións sostibles fronte ás fugas ou vulnerabilidades detectadas, garantindo unha xestión da auga máis eficiente e responsable.

Coñécenos

En EGS, somos un equipo multidisciplinar de emprendedores galegos cunha misión clara: transformar a xestión da auga a nivel global, comezando dende as nosas cidades, vilas e pobos, pero coa ambición de marcar a diferenza a gran escala.

A nosa misión

Garantir acceso universal a auga limpa mediante tecnoloxía con propósito e xestión intelixente.

O noso propósito

Crear un movemento global que transforme a xestión da auga para as xeracións futuras.

Unha organización constrúese a partir das súas persoas. Detrás de EGS hai un equipo diverso e apaixonado polo que fai e o impacto que busca xerar.

Foto de Luis Encinas

Luis Encinas

Relacións Institucionais e Finanzas

Emprendedor con firme compromiso social e visión transformadora do impacto tecnolóxico.

Foto de Ignacio Garbayo

Ignacio Garbayo

Desenvolvemento e Intelixencia Artificial

Da vida ao que desenvolve coa convicción de que a tecnoloxía transformará a xestión da auga.

Foto de Martín Sende

Martín Sende

Solucións de Xestión e Sostibilidade

Apaixonado pola ciencia e convencido do impacto real da tecnoloxía sobre os recursos naturais.

Únete á revolución da auga

Sé parte do cambio. Buscamos institucións e colaboradores que busquen transformar a xestión da auga e crear un futuro máis sostible para as próximas xeracións.

Por que EGS?

Impacto

Forma parte dunha solución que pode transformar a xestión da auga en comunidades de todo o mundo, salvando millóns de litros diarios.

Compromiso

Colabora con estudantes galegos finalistas de Akademia, o Programa de Innovación de Bankinter, recoñecidos pola súa excelencia.

Tecnoloxía

Accede aos nosos algoritmos de intelixencia artificial e análise de datos para optimizar a xestión da auga en tempo real, así como a solucións sostibles e personalizadas.

Contacta directamente

Santiago de Compostela, Galicia

Comeza a túa aventura

Poñerémonos en contacto contigo o antes posible.

0/500